
A burra Ramona é deses personaxes que convidan a voar, que fan que as cousas pequenas provoquen soños colectivos, abrazando nubes e desouvindo os mandados de exércitos, dos reis tiranos. Trátase da historia dunha burra que un día, farta de levar a vida que levaba, cansa da rutina, decide que quere voar e ponse a mirar para as nubes no medio do camiño, alí, sen moverse, negándose a continuar. Este acto, tan simple, vai arrastrar unha sorte de secundarios que se van deter ata que ela volva querer avanzar. E nese xogo de palabras e de simboloxía, de interpretacións abertas, é fundamental Xosé Tomás que traza unha burra Ramona que transmite simpatía e afectividade e unha realidade ao detalle en distintos azuis, amarelos e castanhos.
Unha obrinha xeitosa, de tapas duras, que agocha miga e fai voar por menos de 10 euriños!
Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!
ResponderEliminarAn Thái Sơn với website anthaison.vn chuyên sản phẩm máy đưa võng hay máy đưa võng tự động tốt cho bé là địa chỉ bán máy đưa võng giá rẻ tại TP.HCM và giúp bạn tìm máy đưa võng loại nào tốt hiện nay.