Esta semana presentamos O meu marabilloso sombreiro, de Akiko Ishihara con textos e ilustracións de Suevia Sobral Santiago editado por Edicións do Cumio que aposta por unha proposta para os estudantes de xaponés, unha iniciativa interesante dirixida e específica, para aqueles que gostan desta cultura ancestral, da maxia do secular e das posibilidades dun mercado impresionante e cheo de posibilidades. Son un neno pequeno, pero podo construír soíño moitísimas cousas. Hai pouco, con grande esforzo, fixen un sombreiro marabilloso. Agora estou pensando a quen llo podo regalar. Se queres, pódesme acompañar na miña procura. E mentres escoitamos cancións, sen dúbida, divertirémonos xuntos.
Un volume inusual dentro da nosa tradición, unha edición de conto bilíngüe galego/xaponés e seis cantigas populares do Xapón coas súas correspondentes partituras, visualmente atraentes. O libro, ademais, vén acompañado dun CD coas cantigas nas súas versións galega e xaponesa. Algo distinto para apoiarse no estudo desa lingua milenaria, unha iniciativa interesante e divertida que enche un oco no estudo das linguas.
Sem comentários:
Enviar um comentário