Tecendo cantos, contos de castelos na area chega ao souto o VI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, un certame que cómpre reivindicar tanto pola contía como pola feitura das obras que o gañan: Bandada, Cerca, Olaj, A Familia C, Un gran soño.
O premio Compostela é un grande escaparate de calidade e exquisito coidado que achega prestixio internacional. Mariana Ruiz Johnson é a autora e ilustradora do álbum desta edición coa súa homenaxe a todas as mamás e Kalandraka unha vez máis translada ao papel a profesionalidade que a caracteriza como unha das mellores editoras do Estado.
Mamá, que así se chama a obra, posúe a sensibilidade precisa para conmovernos, esconde universos e outras tantas cousas que levamos dentro e a súa fermosura é estrema. No souto tivemos a oportunidade de acudir case en exclusiva á charla que a autora impartiu para rapaces no IES de Sar en Compostela e ficamos pampos coa ilustradora arxentina e coa súa enriquecedora percepción da arte da ilustración. A transmisión da experiencia profesional a futuros artistas plásticos tiña como obxectivo amosarlles o proceso de creación de Mamá onde azuis, amarelos, vermellos, verdes… cores vivas, intensas e en harmonioso contraste, se plasman nas páxinas deste álbum. O seu contido inspírase no estilo ornamental da arte popular latinoamericana e desde o punto de vista cromático, pola forza expresiva e poética das ilustracións, tamén lle rende unha homenaxe a pintores como Paul Klee. En canto os textos, en perfecta harmonía coas imaxes, reflicten amor, coidado, tenrura e respecto pola natureza, a nai terra, a gran nai de todo. Así pois, mostrando camiños, estrelas e soles as mamás deberían ser agasalladas todas con este volume de feitura redonda, de amor, como lindas casas mornas, xa que as mamás son tantas cousas...

Recomendámolo no souto!
Sem comentários:
Enviar um comentário