Oqo ten un volume perfecto para expresar o que non fai falta dicir, o que deberiamos ter presente, o que precisamos e o que deberamos transmitir como pais. Non fai falta a voz é un alouminho, un conto de amor, ideado por Armando Quintero e ilustrado por Marco Somá. A historia dunha xirafa que á diferenza do resto dos animais, non ten voz senón un pescozo moi moi longo. Un deses imprescindibles para soñar na Colección O e que no souto recomendamos por dúas razóns fundamentais. A primera ten que ver coa expresión do amor entre nós e entre diferentes. Debemos transmitir nesta sociedade tan desleixada de afecto que o importante son os valores transversais, a axuda entre iguais, o respecto, o amor ao distinto como ser únicos que somos, e a necesidade de poñerlle a cada cousa a paixón precisa. A segunda razón é o feito de ser animais os protagonistas. Todos os contos de animais son ben recibidos polos nenos, ademais eses animais falan e exprésanse e entre eles. Non fai falta voz podémolo empregar na aula para saber cales son os sons dos animais, o gato miaña, a ovella bea, o lobo ouvea...
“Todos os animais teñen os sons para chamarse e dicirse que se queren, menos as xirafas. Son mudas. Tan mudas que non emiten ningún son. Pero, como os mudos, para dicirse que se queren abren moi ben os ollos, por iso elas téñenos tan grandes e tócanse. E iso ensínanllo a outros seres.A súa relevancia na historia está subliñada graficamente. Así, a portada é tamén para elas. Do mesmo xeito que o resto de personaxes, as súas roupas están coidadas ao detalle polo ilustrador, quen precisa que o vestido da nai está inspirado nun dos usados pola actriz Audrey Hepburn “nunha das súas moitas obras mestras do cine”.
Unha preciosidade de conto que aúna texto e ilustración en perfecta harmonía e co que dá moito gusto sentar a ler!
Sem comentários:
Enviar um comentário