Chegada hai meses ao noso souto, e cansa xa de estar na corte agardando a que mude o tempo para saír en busca de aventuras, a nosa protagonista é un ciclón de enerxía, non para de danzar entre as follas que hai ciscadas no chan e entre os nosos castiñeiros, nas fragas da Fonsagrada, por entre Ribeira de Piquín. Probablemente non volveredes ver unha vaca polos prados da Galiza sen botar un sorriso pícaro e cómplice. Lembraredes sen dúbida a protagonista deste post de Brabádegos, A historia fascinante da vaca rodante.
Pastora
é rubia, rubia e galega, a raza autóctona da nosa terra, por moito que lle proa á frisona. Ademais é curiosa e nunca viu o mar de preto. Decidida, intrépida e algo tola cando se entera de que na Fonsagrada, preto de onde ela vive,
pode estar o mar, non dubida e bótase a rodar. O problema… que as
présas e a curiosidade vana meter nunha pequena lea polo medio das
montañas lucenses. Iso si, o final das súas aventuras, descubrirá
ó pé dun camiño un espectáculo marabilloso que ninguén debería
perder. Ti tampouco. A poesía é a arma que emprega unha vez máis Cristina Corral Soilán para achegarse aos cativos dun xeito creativo, alegre e orixinal. Se xa sorprendera con aquel conto tamén publicado por Everest Galicia que levaba por título Os Poemas do río, agora os nosos pequechos poden ficar abraiados cos textos e coas exquisitas ilustracións de Aurora Cascudo e Miguel Noval. As imaxes, que alternan con ilustracións reflicten á perfección a Galiza rural á que vai dedicado o texto.
Everest Galicia conta cunha colección chamada Ler e vivir que conxuga á perfección historias divertidas de acaídas para os cativos, coa tan necesaria transmisión de valores, o coidado do medio e a transimisión da cultura.
Xa o sabes, anda ceiba a Pastora, unha vaca rodante que incluso se pode permitir ser sexi. Recomendámoscha!
Sem comentários:
Enviar um comentário