
Falamos desta vez de O Carballo, de Calros Silvar, un impresionante libro que non só fala de carballos, é un libro didáctico de consulta, un deses volumes atípicos e orixinais que invita á lectura. Pensado para rapazolos da ESO, calquera adulto pode verse atrapado pola súa máxia, pola maxia de contar os distintos típos de carballos, tratando de explicar a importancia desta árbore milenaria na nosa historia, na nosa cultura, cos seus usos, noutras culturas próximas... Un libro que recolle ademais a flora e a fauna toda que habita nas carballeiras, eses espazos únicos que servían noutrora para reunir a xente o día da festa e que, noutros lugares aínda se resisten a murchar. O Carballo, ilustrado con precisión case fotográfica polo mesmo autor, fala do pasar das estacións, das distintas especies que se nutren del, das landras, e das árbores que, como os nosos brabádegos, comparten espazos. Moi acaído para que os nosos mozos saiban do significado desta árbore tan nosa e aprendan a respectar o medio intentando reducir o máis posible agresións innecesarias no futuro. O Carballo complétase con ditos e refráns e cun glosario máis que completo. O Carballo é un libro rexo e forte que recomendamos no souto!
Un moi grande libro. Grazas por acercalo. Apertas
ResponderEliminar