Os Dereitos de Autor desta obra están destinados integramente a Terra de homes, fundación que ten como obxectivos prioritarios os seguintes:
- Desenvolver unha estratexia de intervención en saúde materno-infantil.
- Protexer a infancia coas medidas axeitadas que lles permitan aos nenos unha supervivencia e un desenvolvemento normal.
- Sensibilizar e Educar para o Desenvolvemento.
Stop Infancia sen Dereitos pretende ofrecer unha visión completa sobre a situación e as dificultades da infancia no mundo.
O nome Terra de homes, elixido polo seu fundador Edmond Kaiser está inspirado no libro Terre des hommes do escritor francés Antoine de Saint-Exupéry, autor tamén da obra O principiño (un clásico megarrecomendado). O pensamento do autor na redacción do libro contrapón os excesos políticos e ideolóxicos da moderna sociedade industrial aos valores "eternos" do ser humano, que el cifraba principalmente no espírito de sacrificio, na xustiza, na amizade e no honor.
As nosas mans din de nós e do mundo. Hai mans xenerosas e mans avarentas; mans que acarician e mans que ameazan; mans que chaman e mans que condenan. O noso destino está nas nosas mans ou deixámolo nas mans de Deus. Pero as mans tamén voan e aman, e soben e baixan como tamén din e calan. E as mans dos amantes procúranse, achéganse e tócanse. As mans dos máis pequenos érguense cara a nós para pedir o que non acadan como as mans enfraquecidas e feridas dunha grande parte da humanidade sinalan e avergoñan as nosas mans farturentas e delicadas.
Mans é un libro nacido dunha idea narrativa feita de imaxes; as do moito que din e calan as mans humanas. Un libro para que, ao pé de cada neno e de cada nena que o vaia ler, haxa un adulto que dialogue con el e que lle axude a inventar novos camiños narrativos para as súas mans.
Un libro diferente e orixinal para contribuír a unha visión distinta do universo no que triunfen as mans que aloumiñan, as que arrolan, as que se nos dan sen esperalas, as que amamos e nos aman.
http://www.tierradehombres.org/
Sem comentários:
Enviar um comentário