WWW.KALANDRAKA.COM |
Un día nace unha coelliña negra moi especial. Ela é Marcela e naceu birolla. Marcela é unha coelliña distinta aos demais habitantes da súa comunidade. Non só polo seu ollo birollo, que lle tapan cuns anteollos afumados, senón porque non se adapta ás normas establecidas e por iso un día escapa. O seu seguinte destino é un poboado de coellos negros e brancos que funciona ao revés do seu lugar de procedencia. Mais no fondo, “todo era o mesmo: uns bebían a auga limpa e os outros a auga sucia, uns comían a herba fresca, e outros a herba seca, uns pisaban e os outros eran pisados”, reflexiona Marcela con amargura.
Trátase dunha historia con final sorprendente para cativos a partir dos sete anos que profunda na inxustiza, e no clasicismo. Axuda a querernos a nós mesmos e fomenta o respecto á diversidade, para que teñamos en conta que hai xente especial que sofre discapacidades. É toda unha metáfora da vida real exposta dun xeito simple, pero cheo de imaxinación e de maxia.
E o mellor de todo é que o podes conseguir por só 13 euros!
Sen dúbida estamos ante unha recomendación de Brabádegos.
Sem comentários:
Enviar um comentário