
Hoxe toca falar de editoriais galegas, desas portadoras da mellor semente, grandes árbores que transmiten a súa sabidoría e os seus xenes. Esas que con creatividade suplen a falta de apoio, esas que lles fan a competencia ás grandes industrias con medios escasos. Todos os que coñecemos ese ronsel de vangarda nos sorprendemos dese traballo ben feito que nace no maxín duns poucos, e que se ve reflectido na cara de felicidade dun cativo cando colle un conto pola noite. Pois o caso é que neste paisiño chamado Brabádegos imos ir publicando as novidades de todas esas editoriais ademais de seleccionar os mellores exemplares para que ningún pai e ningún neno carezan de propostas divertidas e de calidade para pasar o mellor momento do día. Todos os nenos e rapaces da Galiza deben ir para cama cun libro!
Calquera proposta ou suxestión na que reparedes podédela achegar, pois as ideas nunca sobran nun país nos que todos temos a obriga de repoboar o monte.
E como había neve no chan, nas ponlas das árbores e enriba dos valados, a cativa pensou en ir por un saco valeiro de millo e usalo a modo de zorra pra matar o tempo ata á tardiña.
Sem comentários:
Enviar um comentário