3.05.2012
Benvida
As folerpas caen de solás no souto con precisión milimétrica. Pingas de auga doce que esvaran entre os brabádegos, castiñeiros novos, que intentan abrirse paso con forza nun duro inverno.
Este blog pretende encher un oco non pequeno no mundo da literatura infantil e xuvenil en galego. Con humildade ser un lugar no que se dea conta das novidades dun sistema literario de vangarda e, por que non, unha fonte de máis de sete pichos da que poidan beber pais e nais. Queremos que os nenos da nosa terra soñen distinto, queremos que durman arrolados polo doce pronunciar das palabras autóctonas e acubillados co infinito maxín que provoca sorrisos.
Benvid@s!
Publicada por
Brabádegos
à(s)
07:20
Enviar a mensagem por emailDê a sua opinião!Partilhar no XPartilhar no FacebookPartilhar no Pinterest
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário