A infancia, a impaciencia, o tempo, o gostar do paso dos segundos, esa característica tan común é a base da historia. A quen non lle tardou algo, quen non quixo adiantar o tempo cando este deita devagar. Ao pé dun castiñeiro voan os paxaros e mentres, a competencia matemática flúe por un texto poético cheo de referencias ao medio, á vida que se xesta enriba das súas cabezas. E di o texto que para saber o que tarda en correr o tempo non abonda con entender de maquinarias. Hai que ter ollo de poeta e saber fixarse nas cousas pequenas.
A maxia, a maxia que debemos potenciar nas nenas desde o berce, é a esencia da felicidade, de gozar fronte a un mundo que moitas veces vai ás présas.
Trátase dun libro que recomendamos para a escola, para potenciar o poder das palabras, pero tamén porque chama polo lector para que dea respostas: En cinco minutos berran catro peteiros famentos e en tres minutos berran tres veces cada un. Sabes cantas veces son?
Recomendación do souto, imprescindible para traballar mates nos coles de Primaria, para traballar o medio, a lingua, a poesía.
Sem comentários:
Enviar um comentário