
Entre os libros que podemos atopar deste autor en galego destaca o tamén clásico Onde viven os monstros, un álbum máis que fantástico e recomendadísimo. E é que Kalandraka ten toda unha colección Tras Os Montes, orientada a instruírnos e culturizarnos sobre o melloriño do mundo. Nós forneamos mentres ti dormes é un recordo da infancia, unha homenaxe a Sendak de Kalandraka no ano 2014. Na cociña de noite, que é como se titula o volume, está traducido por Xosé Manuel González e dirixido a nenos a partir de catro nos. O autor tiña 11 anos cando, na Feira de Nova York, quedou marabillado diante do escaparate da pastelaría Sunshine Bakers, cuxo lema era “Nós forneamos para ti mentres ti dormes”. Anos despois, Sendak contaría que este libro foi unha especie de vinganza: “Agora son o bastante maior para quedar esperto pola noite e saber que pasa Na cociña de noite!”.
Trátase dun relato onírico, un texto rimado que transmite diversión e enerxía, protagonizado por un neno e tres pasteleiros caracterizados como Oliver Hardy. As ilustracións son unha homenaxe ao Little Nemo in Slumberland, de Winsor McCay, do que recoñecía a súa influencia artística: “Debuxamos, non sobre a memoria literal da nenez, pero si sobre a memoria em
ocional, a súa tensión e a súa urxencia. Ningún de nós esqueceu os seus soños infantís”. Pola cantidade de galardóns que recibiu, converteuse nunha obra de referencia. Non obstante, foi censurado en bibliotecas públicas e escolares por un sector conservador da sociedade norteamericana, que consideraba escandalosas as páxinas nas que o protagonista aparecía espido.
Para nós que vivimos no souto reflicte con perfección e delicadeza tanto a infancia na figura de Miguel,como a sensación de estar inmerso nun soño máxico, pois como se move, como flota no leite, como a masa o envolve é adentrarse na cociña e participar da elaboración do pastel, da bica ou do que cada un queramos a partir da marabillosa sensación de acougo e felicidade que produce.
Recomendámolo no souto por atemporal e por provocar sorrisos!
Sem comentários:
Enviar um comentário