Existen soutos distintos, diferentes, soutos máxicos, estrados de castaños que aparecen así, de súpeto, como se non estiveran alí dende hai séculos, intentando moitas veces pasar desapercibidos. Esta semana no souto presentamos unha historia diferente e rara. Cando dicimos que algo raro, en realidade sería máis preciso explicar que é para todos os maiores ser raro. Marcos Calveiro teno moi claro, raro é sinónimo de especial, de único. Este pequeno volume, Raro, editado por Tambre e coas ilustracións de Ana Pez dentro da serie vermella, Ala Delta é deses libriños fáciles de ler, para cativos de cinco años, e cheo de valores. De feito, no souto cremos que para movernos nesta sociedade actual ás veces tan trivial, temos que ser capaces de explicarlles aos nosos fillos o importante que é que se queiran e que se acepten e que aprendan a querer aos demais, por moi diferentes que sexan deles. Tomás é un neno que non sae nunca da casa. Fóra da seguridade do fogar axexan os perigos: todo lle resulta inestable. Só nas horas en que se sente máis consolado é capaz de observar desde a fiestra a vida activa do seu barrio. E un deses días advirte que chegaron novos veciños. Serán unha nova ameaza ou algo que mude os seus costumes?
Esta fermosa historia, fácil de ler, ten que ver coa loita interna, co vencer os medos e gozar da vida, de chimpar, de xogar e de aprender. Ten que ver coa amizade, co poder da mente.
Tambre, de Edelvives, é desas editoriais que reúne lecturas axeitadas a cada idade, achegando a súa grande experiencia de traballar con materiais didácticos e apostando ademais por escritores da terra, como Marcos Calveiro, autor de recoñecida valía e de gran maxín creativo.
Raro,rao, raro. Perdón pola broma!
ResponderEliminar