9.17.2012
Imposible de apreixar
Lixeiro coma un pensamento, coma nun soño, o paxaro botará a voar. Unha mañá calquera as aves mergúllanse no ceo azul sobre o mar dunha Galicia verde e aínda bretemosa. O ilustrador Xosé Cobas elabora coa delicadeza que atesoura e á paleta de cores pasteis e sinuosas o maxín prolíxo de Tucho Calvo editado baixo o selo Biblos por Carmela González Boo. O autor artella maxistralmente un fermoso relato cargado de imaxinación sobre o nacemento dunha ave singular, única e nunca vista. Paxaro de mar e vento sitúa nunha praia galega o descubrimento da astrófuga mariña. Todo un universo de creación e de munición para eses nenos que se perden entre as follas secas e area salgada.
Non sempre os paxaros nacen dun ovo. A imaxinación pode tecer, cos restos que a natureza e as persoas deixan nas praias e coa axuda das ondas e do vento, curiosos envurullos que acubillan a aparición de novas aves. Moitas desaparecen ao pouco de nacer neses fermosos niños. Outras toman forma e viven co nome e as características que unha nena e a súa nai lles atribúen mentres pasean pola area recollendo crebas.
A astrófuga mariña é un ser que xorde da imaxinación de Mar e do diálogo coa súa nai, que vive porque permanece na súa memoria e que vai mudando a medida que lle atribúen características e comportamentos. Do mesmo xeito, esquecidos, outros paxaros duran apenas o tempo de ser nomeados (astriófolo, astrógado, gastriedo, afrópoda…) nun xogo que resulta estimulante e divertido para calquera lector infantil. Por iso da importancia de falar cos nenos e potenciar a súa imaxinación de contarlles os contos á nosa maneira ou axudándonos do autor.
No souto estamos convencidos que o manexo do vocabulario e as dotes comunicativas de cada cativo melloran simplemente co feito de lerlles contos, pero o que realmente esperta é a súa creatividade e en troques de fomentar a competitividade, propón nenos que ven en volumes coma estes unha fiestra infinda de posibilidades. En Brabádegos gostamos de autores galegos coma Tucho Calvo que fan soñar e de ilustradores coma Xosé Cobas que pintan versos e sementan cores.
Publicada por
Brabádegos
à(s)
10:32
Enviar a mensagem por emailDê a sua opinião!Partilhar no XPartilhar no FacebookPartilhar no Pinterest
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário