
Da man de Tambre e como ultranovidade que aínda están a recibir nas librerías podemos atopar Andeis Baleiros, de Susana Lamela con ilustracións de María Lires para nenos de cinco anos en diante na mítica colección Ala Delta. Unha lectura que enriquece o vocabulario e multiplica por cinco a capacidade de creación dos pequenos. Susana Lamela consolida con orixinalidade o mundo de Lemoito (Val de Lepouco), Leracotío, Lerasveces ou Lerentrenós, tan necesario nestes tempos.
Un volume sinxelo, accesible á idade e coa marca inconfundible da ilustradora María Lires, que conta xa con experiencia no mundo infantil e na impartición de obradoiros para cativos. A xuventude e a frescura son dúas das características tanto de Susana Lamela como de María Lires e iso desemboca nunha obra fresca, fácil de ler (aínda que ás veces necesitemos dun dicionario de man para certas palabras que nos van enriquecendo).
Para os pais que non coñezan Edicións Tambre-Luis Vives diremos que forma parte do Grupo Edelvives, que destaca pola seriedade, o traballo ben feito e pensado para cada etapa educativa. Para os que teñan bebés recomendamos, sen lugar a dúbidas e de forma especial, as coleccións de tapas duras Tento e Xurxo que pola súa feitura son do melloriño para prelectores.
Con esta descrición ata a min me entran ganas de ler o libro!!!!
ResponderEliminarMoitas grazas!!!!!