Marta e a píntega é un libro dirixido a rapaces a partir dos dez anos na colección Árbore da Editorial Galaxia escrito por Eli Ríos e ilustrado por Patricia Román. Trátase da historia dunha nena, Marta, e unha píntega Oli, que nunha noite de lúa triangular, aterra nun mundo cheo de fantasía, nun mundo de conto onde non todo é o esperado. O interesante e máis salientable desta obra é perspectiva de xénero desde a que se contrúe. O texto constitúe en por si todo un alegato ao cambio de roles que precisa a nosa sociedade. Unha chamada desde o marabilloso a cambiar a mentalidade das nenas e dos nenos que serán o homes e mulleres nun mañá. Trátase pois dunha revisión dos corsés ás que están sometidas unhas princesas de conto, de inspiración nos relatos tradicionais que aparecen nas películas esas de Disney (dificilmente evitables ás veces para as proxenitoras), unha trama chea de imaxinación onde o ben e o mal flutúan, con dragóns, príncipes, onde á par destacan valores como a autoestima, a reafirmación persoal, o traballo en equipo, a superación dos medos, a amizade, a empatía, a hixiene persoal, o emprendemento, o carácter, a familia e sobre todo o feminismo.
Un libro que serve de ferramenta para mudalo todo, de lectura axeitada para o segundo ciclo de Primaria, dunha autora que empeza a consolidarse como alguén a ter en conta, para que comecemos a escribir o noso propio conto, para combater o patriarcado desde o ámbito escolar, explicándolles que cousas son micromachismos, como somos as brabádegas, como hai que respectarnos, xa que ás veces, fudamentalmente, hai que cambiar o chip e amosar unha cara amable desde a que mudar as cousas.
Sem comentários:
Enviar um comentário