Hoxe falamos no souto dun libro que tamén consideramos necesario para prelectores. En realidade trátase do primeiro libro dunha serie coordinada por Mónica Pazos e que vai encher espazos até o de agora ocupados polo castelán. Trátase de facer atractivas e modernizar propostas que en calquera lingua podemos encontrar cun virar de ollos, mais nas linguas sometidas á presión como a nosa ao do castelán, non atopamos. Antes de que remate o ano verá a luz o segundo dos volumes, mais hoxe imos presentar O abecedario.
As simpáticas ilustracións de Óscar Villán achegan o punto perfecto para atraer as meniñas con doniñas espelidas, cans singulares, raposas curiosas ou ourizos dinámicos, obxectos ou alimentos do cotiá que nos serven de referente para practicar coa nosa lingua desde o minuto un. Para aqueles docentes de Infantil ou primeiro ciclo de Primaria que queirades traballar coas letras podedes atopar na páxina da Mesa unha proposta didáctica e un actividario ou ter presente sempre o abecedario con esta lámina:
Sem comentários:
Enviar um comentário