Trátase dunha colección que tenta educar na educación emocional, unha aprendizaxe que dá o mellor dos resultados. Na casa e na escola, as persoas maiores encargadas da nosa educación ensínannos a comer ben, coidar do noso corpo, a ler, a escribir e moitas outras cousas e esquecen dicirnos, igual por que eles mesmos non saben como, como actuar cando tes medo, discutes coas túas amizades ou tes ganas de chorar, por exemplo. Iso chámase educación emocional e é algo moi importante nas nosas vidas, porque a forma en que nos sentimos e comportamos cos demais ten moito que ver coa felicidade. Educar en valores e ser empático determinará o seu crecemento e os axudará moito.
Os libros desta colección falan diso, dos sentimentos e as emocións: primeiro aprendendo a recoñecelas (decatarme que estou triste); a saber expresalas (dicir "quérote", "estou triste" ou "síntoo"); tamén aprendendo a autocontrolarse (pensar antes de falar ou pegar), a facer amigas e amigos; e, finalmente, a ser responsable. Ao final de cada volume podes atopar unha pequena guía para traballar o que acabas de ler. Cada contiño ten como protagonistas a dous irmáns, a Ana e a Xabier, acompañados polo seu can Flip ou non, son libriños que non chegan aos sete euros, ideais para lerlles antes de durmir, para traballar nas aulas de Primaria e Infantil, xa que fan reflesionar os nenos con historias que lles son próximas, cousas do cotiá representadas nas preciosas e expresivas ilustracións de Sandra Aguilar.
Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!
ResponderEliminarCông ty vận chuyển hàng nước ngoài FadoExpress hàng đầu chuyên vận chuyển, chuyển phát nhanh siêu tốc đi khắp thế giới, nổi bật là dịch vụ gửi hàng đi mỹ, gửi hàng đi úc và gửi hàng đi đài loan và dịch vụ chuyển phát nhanh đi hàn quốc uy tín, giá rẻ