O traballo de recuperación dos clásicos por parte de Kalandraka para a formación dos nosos é do melloriño. A editorial vai publicando volumes que gozan e gozaron de prestixio internacional e son un agasallo atemporal para os nosos pequenos e para nós. Adelaida, Tomi Ungerer na colección Tras os Montes é boa mostra dese traballo de incalculable valor. Aínda que Adelaida é un canguro diferente, esa cualidade que a distingue dos demais canguros non lle impide perseguir os seus soños, abrirse ao mundo para adquirir experiencias e facer amigos. Este clásico fabulado de Tomi Ungerer trata sobre a identidade, a necesidade de equivocarse e a necesidade que temos todos de ser felices, de buscar o que nos gusta ser e onde nos sentimos máis cómodos. Adelaida é un contiño que reúne valores, transmite autoestima, superación e sitúa os lectores ante unha serie de escenas inxelas, suavemente coloreadas, nas que destacan a expresividade da protagonista, a súa sensibilidade pola arte e a súa valentía. Co estilo característico, o autor tamén verte doses de tenrura, humor e amor nas páxinas deste álbum. A edición, como sempre, dirixida a nenos a partir dos sete anos, unha marabilla chea da delicadeza que só Kalandraka é capaz de transmitir.
7.01.2014
Pola sabana camiñando, camiñando...

Publicada por
Brabádegos
à(s)
03:08
Enviar a mensagem por emailDê a sua opinião!Partilhar no XPartilhar no FacebookPartilhar no Pinterest
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário