A colección Álbum, Sushi Books incorpora dous novos títulos que hoxe presentamos. Pertencentes á serie islandesa de monstros protagonizada por Monstro Pequeno e Monstro Grande, trátase dunha divertida proposta que fará sorrir a máis dun cativo nesa fase que entrecruza o escatolóxico e o atrevido. Bemvidos ao mundo do espectro, do monstro pero de xeito didáctico, frivolizando medos e axudando na socialización e no manexo dos sentimentos. Ambos os dous personaxes ensinaránlles aos máis pequenos, como lidar co que eles senten e moitas veces non dan expresado. Os monstros grandes non choran é como se chama o primeiro volume que trata de xestionar o fracaso. A Monstro Pequeno todo lle sae xenial. Pola contra, Monstro Grande é tremendamente zoupón. Monstro Grande ponse cada vez máis triste, pero que pode facer? Todo o mundo sabe que os monstros grandes non choran… Escrito por , que tamén é a ilustradora, é unha proposta sorprendente moi ben editado en tapas duras que garda unha estupenda relación calidade prezo, pois só custa doce euros.

No souto recomendamos estas magníficas propostas de Sushi books por que reúnen dúas cousas diferentes que son necesarias nun conto: unha boa e suxestiva historia e un carácter didáctico innovador por medio da identificación do neno co que está a pasar nel.
Das divertidas ilustracións de Áslaug Jónsdóttir só temos que dicir que é unha ilustradora, escritora de libros infantís, artista e deseñadora gráfica. Pola súa obra recibiu varios premios, como o Premio Dimmalimm pola ilustración de libros para a infancia, e foi destacada cunha mención especial do White Ravens e para a lista de honra do IBBY.
Sem comentários:
Enviar um comentário