De cando en vez agroma unha flor entre as mil follas ciscadas no souto. De cando en vez abrollan no noso souto versos que coma gotas de orballo arrecenden a gargalladas de pícaros besbellados. Versos en flor é o segundo libro de poesía infantil de Carlos Fontes. De novo, coa colaboración plástica de Leandro Lamas, o grande entre os grandes, que habita nas nosas casas, que preside os nosos soños coa maxestosidade e xenialidade do seu pincel. Os dous xa sorprenderan con Poemas con piruleta, poemario dirixido aos máis cativos da casa e que moitos nenos e nenas de Galicia aprenderon practicamente de memoria. Neste novo proxecto poético, volvemos atoparnos coa festa de cor e lírica aos que xa nos teñen acostumados estes dous artistas, das palabras e do lienzo. Un volume que alcanza a rima perfecta de gran riqueza lingüística e moi acaído para traballar cos pequenos o ritmo e a palabra. Pingas de sabedoría cativa entrelázanse co maxistral uso que da cor fai o gran Leandro. Unha xenialidade levada a papel que fai desta obriña unha xoia para o regalo, para o goce daqueles que aman a palabra. Palabras que non se descompoñen e se o fan gardan a ritma pra construír sentidos, olfactos, oficios, animais... Recomendación para os mestres desta terra que atesouran e transmiten o gran legado: o principio irrenunciable dunha lingua que hai que conservar.
Vendo os Tartaruga que seguiron ós que fixen, non podo menos que arrubiar. Podería poñer como escusa o feito de ter que facer seis libros e o rediseño da colección nun mes (20 días) Pero non é escusa. Fantásticos traballos tódolos posteriores ós meus nesta colección. Apertas
ResponderEliminar