Oso e o piano, de David Litchfield é a última novidade de Hércules de Ediciones, traducido por Pilar Bendoiro para o galego. Oso e o piano é o primeiro álbum ilustrado do autor e conta a historia dun osiño que topa un pian no monte. De como aprende a tocalo e abandona o bosque para ter unha carreira de éxito gozando da música, das sensacións que esta provoca e como, unha vez acada a meta, sente morriña do seu mundo, esa chamada máxica do sentirse en familia, de gozar coa xente que nos acepta e que nos quere. O libro foi publicado por Libros de Frances Lincoln Children no Reino Unido e recibiu numerosos premios e recoñecementos ata alcanzar o
Waterstones como Mellor Libro Ilustrado 2016.
As imaxes, a profundidade do bosque, o xogo de luces, a delicadeza das cores e un texto cargado de lirismo, de notas musicais, de sentimento e delicadeza fan esta proposta de Hércules de Ediciones unha boa opción para as máis pequenas, para inicialos no sentimento, para explicarlles que o éxito ou a fama son menos importantes que a familia, a familia escollida e a familia propia. De como inicialas no amor á música e á sensibilidade, xa que escoitar, tamén é un agasallo para nós.
Recomendámolo polas ilustracións, polo ben construído que está e, sobre todo, por o amor que agocha. Aplaudimos o labor editorial de Hércules de Ediciones neste álbum ilustrado de calidade.
Sem comentários:
Enviar um comentário