Vemos case unha ducia de temas (once) nun libro-disco a cargo de Pilipampo ou Vagalume, como vós prefirades, unha formación musical xa consolidada formada por Xosé Lois Xose Lois (Voz), Gala (Acordeón), Cristina (Frauta), Álex (Percusión Tradicional), Sergio (Guitarra), Antía ( Percusión) e tamén... Andrea (Voz), Arturo (Percusión), Tito (Baixo) e Erea ( Gaita). Pirilampo nace o ano 2010 e ten dous discos editados anteriores. Trátase de música tradicional en galego e este é o terceiro traballo que bota andar co nome de Lucecús e ilustrado con enxeñeza e cor por Federico Fernández na colección Sonárbore de Galaxia.
Trátase este dunha festa moi nosa fuxindo do produto musical alleo coas colaboracións especiais de voces como as de Xosé Lois Seixo, Andrea Seijo Ares, María Xosé Silvar-Sés, Lydia Botana e a voz infantil de Antía Seixo Varela que, con apenas nove anos, convértese na voz sorpresa do libro-cd interpretando maxistralmente a canción A casa do tío Nicanor. Outro dos aspectos que subliñamos no souto é o tema once, dedicado a aqueles pequechos que empezan a dar os seus primeiros pasos que, coas ilustracións de cativos en mil posturas, pintando, facendo pis ou gabeando, é especialmente brillante.
Sem comentários:
Enviar um comentário