Se aínda non o viches en directo e non che contaxiou a súa enerxía pódelo ver esta mesma semana en Pensado para vós, as actividades para realizar nas Bibliotecas municipais da Coruña. Alí poderás mercalo seguro, e desembarcará xunto con moitos espectáculos musicais como Pan de Millo ou Canta Música!, de Pablo Díaz e Olga Kirk ou A nena e o grilo de Magín, e o que é máis guai, de balde.
Paco Nogueiras é un tipo singular que se transforma no escenario, transmite ilusión e é unha revolución de adrenalina, un auténtico ciclón.
A ninguén lle pasa desapercibida a súa forza e inercia, contaxiosa, motivadora, e os pequenos deseguida o adoran, por que lonxe de tratalos como nenos, é un máis deles, saltando, brincando até suar: toda unha revolución!
No escenario é ese tolo que se move con movementos imposibles, baila sen parar, escolle unha perruca, fai acenos coas mans, é unha coreografía, un espectáculo, é un verme que xoga tras as palabras, é un gran curioso, que planta, que xoga á pita cega, que colle unha buxaina, unha mariola, que xoga á billarda e se o deixas, xoga as carreiras de sacos.
Se non sabes exactamente que é esta bomba chamada Paco Nogueiras, só tes que velo ou facer xirar a súa maquinaria, un terremoto, é o teu amigo, que co seu chapeu e as súas gafas, toca e canta sen parar. Os vídeos do Sr Saguillo son máis que unha mostra dese furacán dramático, un ballón cheo de humor e respecto pola nosa lingua, pola nosa identidade. A súa temática é galega, da terra, non lles é allea e conecta á perfección con eles, cos maiores tamén, todos en movemento e sen poder resistir esa explosión de cor, de trepidante forza, así como nunha chiscadela a nós, á música e sobre todo ao teatro, a non ficar estáticos endexamais, atónitos polas formas imposibles da súa cara, con ese mirar de tolo adorable, de trasno.
É coma un chute de glucosa que se transforma en cancións máxicas coas que gozar todo o ano e, agora que chega o Samaín, o Magosto, non o podes deixar de poñer, engancha.
O éxito deste discazo é que contén doce temas trepidantes, frescos, diferentes, desde o Cos pés na terra, O entroido move o corpo ou o Rap do Magosto, dálles forza a todas para brincar, en distintos xéneros, explorando modernidade e vangarda para o panorama do libro-Cd en galego, é único!
É maxia da de chimpar á nosa forma, autóctono e lúdico, tamén didáctico. É tan noso como Rosalía e Novoneyra e non podes deixar de chimpar.

E ese Brinca vai! complétase coa magnífica edición de Kalandraka e o inconfundible selo de David Pintor, o grande ilustrador galego que arredondea un traballo sublime apostando por retratar a Paco Nogueiras en todas as situacións posibles, remexéndose coma el. Resultado: espectacular e ateigado de forza.
Podes consultar a súa xira aquí
Sem comentários:
Enviar um comentário